egeria
Libros Reviews

Viaxe de Egeria

on
17 mayo, 2018
viaje de egeria

Carlos Pascual é un clásico da literatura de viaxes. Cunha  ducia de libros publicados e artigos en: Viajes de National Geographic, Condé Nast, Lonely Planet, etc. Nesta ocasión preséntanos “Viaje de Egeria“, o diario de viaxe dunha “galega” no século IV.

Egeria (nome que provén dunha das ninfas do séquito de Venus) foi unha aristócrata da provincia romana de Gallaecia no século IV (iso é o que se extrae dos últimos estudos). Comeza a súa viaxe no ano 381 d.C. tomando a vía Domitia para percorrer escearios bíblicos como Xerusalén, o Sinaí, Mesopotamia e Exipto. No ano 384 d.C. emprende a viaxe de retorno. A través dunhas cartas ás súas “dominaes sórores (señoras e irmás, unha expresión para referirse ás súas amigas e compañeiras) Egeria vainos relatando ás súas visitas durante a viaxe. Cóntanos como era a forma de viaxar da época, con etapas duns 30 km ata atopar a seguinte “mansio“, casas hospedaxe da época. Tamén nos describre o seu procedemento cando visitan algún lugar “santo”: rezar unhas oracións, realizar algunha ofrenda e recitar pasaxes bíblicos que acontecen naquel lugar. Tamén nos descubre que na época xa existían os “souvenir“, normalmente frutas, aceite ou doces que ofrecían as persoas que moraban en determinado lugar.

O libro é unha traducción do texto orixinal, “Itinerarium ad Loca Sancta“, que aínda se conserva na biblioteca de Arezzo. A pena é que faltan unhas follas do comezo e do final do relato. A importancia do texto, ademáis de constituir unha importante fonde de estudo para os estudosos da materia, reside en que se considera o primeiro libro de viaxes de Hispanoamérica. Tamén nos amosa o poder das mulleres na época (na corte de Teodosio as mulleres tiñan gran importancia. Para mostra, a súa muller foi a primeira que obtivo o título de “Augusta“). Representa unha lectura corta e sinxela que ademáis nos acerca á vida da época.

 

 

mapa imperio romano

*Neste artigo atoparás un enlace de afiliado. Comprando o producto a través do enlace conseguirás o precio orixinal, pero Viajando el Mapa levarase unha pequena comisión que axudará a seguir xenerando contido no blog. Grazas!

TAGS
RELATED POSTS